Vigo - Galicia
O alcalde, o tenente de alcalde e o Presidente do R.C. Celta de Vigo asinaron este venres o convenio que permitirá á entidade saír do proceso concursal no que está inmerso. Abel Caballero, Santiago Domínguez e Carlos Mouriño prolongaron o acordo bilateral e acordaron que o Celta deixará Barreiro cando o Concello poña a súa disposición un novo campo municipal na Madroa.
O convenio, tal e como se indicaba no protocolo, non varía do vixente na actualidade, a fin de non modificar os activos cos que conta a entidade na actualidade e viabilizar o proceso concursal. A maiores, hoxe venres se asinou outro convenio independente polo que o Celta deixará as instalacións de Barreiro cando o Concello, a través da Concellería de Deportes, poña a súa disposición un novo campo municipal na Madroa, que se construirá en pouco máis dun ano. Será entón cando o Celta pase a ocupar a nova infraestrutura e Barreiro será empregado por outras entidades deportivas da cidade. Por outra banda, a sociedade celeste disputará un partido amistoso a prol do fútbol base cada tempada que dispute na segunda división, que se convertirán en dous encontros por curso na máxima categoría futbolística. Ademais, e atendendo ao protocolo asinado tres semanas atrás, R.C. Celta paga os gastos de mantemento, luz e auga das instalacións deportivas municipais
La Revista más directa y actualizada de Galicia:"Apostamos siempre por la frescura, transpariencia y actualidad de nuestro medio". "Somos Diferentes"
Bienvenido a Nuestro Blog, Una Mirada Diferente De La Noticia.
"Informese de las noticias más actualizadas cada día" en www.vgomagazine.com
viernes, 20 de febrero de 2009
O Concello e o Celta rubricaron o convenio que garante a viabilidade económica da entidade
Vigo - Galicia
O alcalde, o tenente de alcalde e o Presidente do R.C. Celta de Vigo asinaron este venres o convenio que permitirá á entidade saír do proceso concursal no que está inmerso. Abel Caballero, Santiago Domínguez e Carlos Mouriño prolongaron o acordo bilateral e acordaron que o Celta deixará Barreiro cando o Concello poña a súa disposición un novo campo municipal na Madroa.
O convenio, tal e como se indicaba no protocolo, non varía do vixente na actualidade, a fin de non modificar os activos cos que conta a entidade na actualidade e viabilizar o proceso concursal. A maiores, hoxe venres se asinou outro convenio independente polo que o Celta deixará as instalacións de Barreiro cando o Concello, a través da Concellería de Deportes, poña a súa disposición un novo campo municipal na Madroa, que se construirá en pouco máis dun ano. Será entón cando o Celta pase a ocupar a nova infraestrutura e Barreiro será empregado por outras entidades deportivas da cidade. Por outra banda, a sociedade celeste disputará un partido amistoso a prol do fútbol base cada tempada que dispute na segunda división, que se convertirán en dous encontros por curso na máxima categoría futbolística. Ademais, e atendendo ao protocolo asinado tres semanas atrás, R.C. Celta paga os gastos de mantemento, luz e auga das instalacións deportivas municipais
Movemento Veciñal no Entroido Convidados a Festexear..
Vigo - Galicia
O movemento veciñal de Vigo, en colaboración coa Tenencia de Alcaldía e coa Concellería de Cultura, vai desenvolver unha intensa programación de Entroido en todos os barrios e parroquias dentro do programa MoveVigo. Ata o vindeiro 10 de marzo as asociacións veciñais da cidade organizan 39 actividades que complementan a oferta do Concello.Os cativos serán os protagonistas do Entroido veciñal. Eles e toda a familia están convidados ás 16 festas infantís nas que haberá bailes e desfiles de disfraces, teatro, actuacións, música, animación infantil e ata concursos de disfraces. Os maiores tamén están convidados a disfrazarse e pasalo en grande en calquera dos bailes de entroido que organizarán as asociacións veciñais do Casco Vello, Monte da Mina de Castrelos, Valadares, Agarimo de San Xoán Poulo, Cabral e Beade. Como novidade do MoveVigo de Entroido, comparsas e pasarrúas sairán a animar os barrios ata en tres ocasión. Será en Alcabre, no Casco Vello e na Travesía de Vigo.
VERVUM Festexa o Entroido .
Vigo - Galicia
OS BOLECHAS FESTEXAN O ENTROIDO CONTIGO 24 de febreiro de 2009 18:00h.
Os Bolechas saen a festexar o Entroido para presentarnos as súas novas aventuras recollidas nun
libro de autocolantes, no que os mái s pequenos poderán xogar a disfrazar aos distintos membros desta xenial familia cos deseños que os nenos/as de distintos colexios de Vigo fixeron para eles.
Por primeira vez poderán estar en persoa con Pili,Loli,Braulio, Sonia, Carlos, Tatá e como non, con Chispa para xogar, debuxar con eles ou facer se fotos cos seus personaxes favoritos nunha festa de Entroido na que tampouco faltará Pepe Carreiro,creador destes simpáticos irmáns .
Cada neno/a recibirá un exemplar de O Entroido, de Os Bolechas , asinado e dedicado por Pepe Carreiro.
Entrada libre ata completar aforo
A Escola Municipal de Artes e Oficios organiza ciclo "Arte e Cine", dirixido á formación complementaria do seu alumnado
Vigo - Galicia
Dentro da programación de actividadeculturais complementarias dirixidas a ao alumnado actual e antigo da Escola Municipal de Artes e Oficios, organizado pola sección de Artes Plásticas, iníciase o vindeiro xoves 26 de febreiro, no Salón de Actos da Escola un ciclo monogrCada sesión contará cunha presentación a cargo profesora de Pintura, do/a artista ao que está adicado/a, coa proxección de diversas fotografías da súa obra e unha introdución teórica. Tras a proxección da película terá lugar un coloquio.
As películas do ciclo, todas ás 18 horas, serán as seguintes:
-Febreiro, xoves 26: A moza da pérola
-Marzo, xoves 26: Frida
-Abril, xoves 16: Klimt
-Maio, xoves 14: Caravaggio
-Xuño, xoves 11: Pollock
áfico de cine e arte.
Vigo celebra cunha conferencia o Día Mundial das Enfermidades Raras
Vigo - Galicia
O Verbum acolle o sábado día 28 unha charla-coloquio con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras. A charla aberta a toda a cidadanía, e organizada por ASEM Galicia, terá lugar de 17 a 19.30 horas, e pretende responder ás preguntas realizadas por afectados, familiares e profesionais. A charla coloquio contará coa participación da Carmen Navarro, membro do Grupo de Enfermedades Raras do Ministerio de Sanidade , así como doutros expertos.
A díficil realidade que ameaza día tras día aos afectados por Enfermidades Raras levou aos países de Europa, Canadá, EE.UU. e Latinoamérica a unirse nun chamamento mundial polas patoloxías pouco frecuentes. Desta forma, todos os países adheridos a este DÍA organizan actos e actividades baixo un mesmo lema: "As ER, prioridade na Saúde Pública".Conferencia, acto públicos, actividades lúdicas, congresos, obradoiros etc...coparán durante todo o mes de febreiro as rúas dos distintos países con único obxectivo : sacar da invisibilidade a ese 7 por cento da poboación mundial que sufre unha enfermidade poco frecuente e que se sente desamparado, illado e desgrotexido ante a súa situación.
O SENADO APROBA UNHA MOCIÓN DO BNG PARA QUE O GOBERNO RESTABLEZA AS AXUDAS POLA COMPRA DE AUTOMÓBILES
El XIV ciclo de jazz de la Fundación Barrié arrancará el 18 de abril .
Vigo - Galicia
El XIV ciclo de jazz de la Fundación Barrié arrancará el 18 de abril con la presentación exclusiva en España del proyecto Especial Brasil-Cuba Jazz Fusión de Gonzalo Rubalcaba y Joao Bosco.
•El ciclo se compone de siete conciertos, tres en A Coruña, y cuatro en Vigo, entre el 18 de abril y el 21 de mayo, todos de entrada gratuita previa retirada de invitaciones.
•Gonzalo Rubalcaba Trio y Joao Bosco Quinteto; los pianistas Monty Alexander, Oliver Jones y Gerald Clayton, en un concierto homenaje a Oscar Peterson, con dos pianos simultáneamente en el escenario; y Pharoah Sanders Quartet actuarán en A Coruña.
•En Vigo la Fundación ofrecerá los conciertos de Kirk Lightsey Trio, con una jam session con músicos gallegos; Stefon Harris & Blackout; el pianista portugués André Sarbib; y la actuación, en formación de quinteto, de Laïka Fatien, quien presentará al público gallego su álbum “Misery”, homenaje a la mítica Billie Holiday, en el 50 aniversario de su desaparición.
La nueva propuesta de Galitoon hará las delicias de
Vigo - Galicia
•La representación se enmarca dentro del ciclo de Caixanova “Funcións en familia”, una apuesta en la programación del primer semestre de 2009 con la que se pretende reforzar el que los más pequeños asistan junto con familiares o conocidos a representaciones escénicas.
Caixanova presenta el sábado 28 de febrero, a las 18.00 horas, en el Auditorio de su Centro Cultural de Vigo, la nueva propuesta de Galitoon, que se enmarca en las representaciones escénicas que la entidad programa pensando en el disfrute de los más pequeños.
Santi Domínguez asegura que o primeiro Enduro Indoor “ten o espectáculo garantido”
Agenda semanal Club Financiero.de Vigo.
AGENDA SEMANAL Cámara de Comercio de Vigo.
Vigo - Galicia
23 de febrero – 1 de marzo
Curso: Contabilidad informatizada: Contaplús
Fecha: del 23 al 27 de febrero
Horario: de 19:00 a 22:00 horas
Curso práctico: Fiscalidad para la pyme: IVA, IRPF e Impuesto de Sociedades
Fecha: del 23 de febrero al 6 de marzo
Horario: de 19:00 a 22:00 horas
Curso: Gestión y práctica aduanera I Fecha: del 23 de febrero al 6 de marzo
Horario: de 19:00 a 22:00 horas
Curso: Business conversation
Fecha: del 23 de febrero al 12 de marzo
Horario: de 19:30 a 22:00 horas
Seminario: Cómo adaptar la empresa a la LOPD (Ley Orgánica de Protección de Datos)
Fecha: 25 de febrero
Horario: de 9:30 a 13:30 horas
Obradoiros infantís de Entroido no MARCO
Vigo - Galicia
venres 20, sábado 21 e domingo 22 de febreiro de 2009
MARCO, Departamento didáctico
Obradoiros infantís de Entroido
DESTINATARIOS
Nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas
DATAS
Venres 20, sábado 21 e domingo 22 de febreiro de 2009
LUGAR
Laboratorio das Artes (1º andar)
HORARIO
Venres de 18.00 a 20.00; sábado e domingo de 12.00 a 14.00
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO
Dentro do programa xenérico que leva por título ‘7+1’ —actividades para escolares e familias en torno á exposición ‘7+1 PROJECT ROOMS’— o departamento educativo do MARCO ten preparado tres obradoiros especiais coincidindo con esta fin de semana de celebración do Entroido.En febreiro de 2008, o artista Thomas Hirschhorn visitou a cidade de Vigo buscando ideas para o seu proxecto dentro da exposición ‘7+1 PROJECT ROOMS’. As festas de Entroido, especialmente as carrozas e comparsas que percorrían as rúas, inspiráronlle e foron a base da súa obra ‘Equality Float’, unha xigantesca ‘Carroza da Igualdade’ que ocupa unha das galerías da planta baixa do museo, convertendo a sala no obradoiro de produción e lugar de exhibición da peza.O venres 20, sábado 21 e domingo 22 celebramos o Entroido no museo convertendo o noso ‘Laboratorio das Artes’ —o espazo de didáctica do 1º andar— nun auténtico obradoiro de carrozas, onde cada día os participantes traballarán colectivamente. Ademais crearemos os caramelos xigantes ‘(7 +1)’ e mini-carrozas que cada un poderá levar como recordo da exposición e da obra deste artista.
PLAY-DOC CUMPLE CINCO AÑOS Y LO CELEBRA CON UNA NUEVA EDICIÓN CARGADA DE OPTIMISMO
Tui - Galicia
Del 18 al 22 de marzo próximos, en el Teatro Municipal de Tui se podrá ver una selección del mejor cine documental de la actualidad: 31 películas procedentes de países tan diversos como Japón, Reino Unido, Eslovaquia, Irán, México, EE.UU, Lituania, Israel, China o Polonia, y por supuesto de Galicia, que este año más que ningún otro, tendrá una amplia representación dentro del festival.
Un jurado internacional encabezado por Georgi Lazarevski, uno de los directores favoritos del público de Play-Doc, se encargará de repartir los 9.000€ en premios para las tres categorías a competición dentro de la Sección Oficial. Una sección en la que predominan las historias de amor, cargadas de humor y aires de optimismo para estos tiempos difíciles.La Sección Informativa se centrará este año en dos aclamados directores, el lituano Audrius Stonys y el polaco Bogdan Dziworski, una autentica ‘delicatesen’ cinematográfica. También la ciudad gallega será protagonista en esta ocasión así como los documentales de música, sección imprescindible dentro del festival.Para completar su propuesta cultural, el festival ofrece además una serie de eventos paralelos protagonizados por los personajes de los documentales presentados, como los conciertos en directo entre los que destaca la del ‘rey del dub‘ Mad Professor asicomo las actuaciones de los músicos de ‘One Man in the Band‘. También durante el festival, el artista iraní Jamshid Aminfar, protagonista del documental ‘Cyanosis‘, expondrá parte de su obra.
Una programación muy especial para celebrar el quinto aniversario de Play-Doc.
jueves, 19 de febrero de 2009
Entroido en Vigozoo
Vigo - Galicia
Vigozoo desenvolverá os días 21, 22, 23 e 24 de febreiro o programa "Entroido en Vigozoo" para todos aqueles visitantes que acudan disfrazados independentemente da súa idade. Para levar a cabo dito programa, Vigozoo preparou actividades enfocadas para os máis pequenos na que os maiores tamén poden disfrutar e participar.
As persoas participantes ao chegar o lugar das actividades serán fotografados (os menores de idade co consentimento do seu titor/a); as imaxes pasarán a formar parte do fondo fotográfico de Vigozoo; pudendo ser publicadas con posterioridade na propia páxina web corporativa e/ou enviadas aos medios de comunicación.
As actividades nesta ocasión consistirán nun ciclo de cine documental infantil e no Naturolab, co seguinte horario:
11:00 Réptiles: As serpes.
11:30 Naturolab.
12:00 Aves: Os pingüíns.
12:30 Naturolab.
13:00 Mamíferos: Os Elefantes.
13:30 Naturolab.
16:00 Mamíferos: Os lobos.
16:30 Naturolab.
17:00 Insectos: As abellas.
17:30 Naturolab.
18:00 Mamíferos: Os Golfiños.
18:30 Naturolab.
NORMAS
Os participantes que visiten o parque zoolóxico disfrazados completamente entrarán de balde, os días 21, 22, 23 e 24 de febreiro, durante todo o horario de apertura do parque.Para acceder gratuitamente o disfrace deberá ser completo, polo que non se terán en conta os que acudan unicamente cunha máscara ou disfrazados de forma parcial.
No momento da entrada deberán cubrir unha ficha de inscrición que incluirá o seu nome e D.N.I. aceptando as bases da promoción.
As fotografías poderán ser expostas nas instalacións de Vigozoo nas datas posteriores á celebración deste evento.
Os participantes da promoción poderán solicitar unha copia dixital das fotografías á seguinte dirección de correo electrónico:educación.vigozoo@vigo.org.
Os participantes, do mesmo xeito que o resto do público visitante, poderán participar nas actividades que se desenvolverán nesas datas e que consistirán nun ciclo de cine documental infantil e no obradoiro Naturolab, situado actualmente na entrada do salón de actos (na antiga situación do planetario).
Abel Caballero salienta o seu "apoio incondicional" ao plan industrial de Citroen en Vigo
GRAN VÍA CELEBRA EL CARNAVAL MÁS DIVERTIDO CON CONCURSO DE DISFRACES Y TALLERES DE MAQUILLAJE
Vigo - Galicia
El Carnaval llenará de color el Centro Comercial Gran Vía de Vigo, que propone durante todas las vacaciones escolares actividades para los más pequeños de la casa. El lunes 23, día central de los actos, tendrá lugar un concurso de disfraces con premios para los mejores. Los interesados en participar deberán inscribirse antes en el Punto de Información del Centro. La programación especial de Carnaval se inicia mañana viernes, con la presencia de zancudos y malabares y un taller de máscaras de carnaval (de 17.30 a 20.30 horas). El sábado, el centro se llenará de animación para los más pequeños, que descubrirán cuáles son las claves de un buen maquillaje de Carnaval en los talleres infantiles (de 17.30 a 20.30).
Ya el día 23 de febrero, lunes de Carnaval, el centro acogerá a las 18.00 horas el tradicional concurso de disfraces, dirigido a todos los niños de entre 4 y 12 años, en solitario o en grupo. El ganador se llevará una cámara de fotos de 8 Mpx, mientras que el segundo un mp4 de 4Gb y el tercer clasificado un mp3 de 1 Gb. Las inscripciones pueden realizarse en el Punto de Información del Centro hasta el lunes a las 14.00 horas. Por otra parte, de 17.30 a 20.30, los niños que se acerquen hasta Gran Vía podrán participar en un imaginativo taller de antifaces. Por último, el martes 24, el Carnaval se despide de Gran Vía con una nueva sesión de malabares y zancudos, y un taller de maquillaje, para que los participantes despidan las vacaciones disfrazados para la ocasión.
El salario sigue siendo lo más valorado a la hora de buscar empleo
Nacional
Randstad
La crisis está aumentado hasta en un 30% el número de demandantes de empleo[1] y, al mismo tiempo, está diversificando los perfiles que actualmente están disponibles. Sin embargo, la prioridad de los candidatos sigue enfocada al salario cuando se trata de aceptar un puesto de trabajo. Éste es el factor que más valoran a la hora de buscar un empleo, tal y como eligieron el 30% de los participantes en una encuesta realizada por Randstad, líder en soluciones de recursos humanos.
Tras el salario, lo más valorado es el horario, con un 27% de los votos; en tercer lugar la elección más votada ha sido que el puesto esté relacionado con la profesión o los estudios de los candidatos, con un 26% de los votos y, en último lugar, se sitúa la cercanía al domicilio, con un 17% de las respuestas dadas.
“El salario, ya sea la remuneración mensual o la variable, sigue siendo el factor determinante para un candidato a la hora de buscar un trabajo. Esto se explica por dos motivos. Por un lado, nos encontramos con los trabajadores que necesitan un empleo que les permita hacer frente a las responsabilidades económicas que han adquirido con anterioridad. Por otro, la incertidumbre del mercado laboral provoca que sólo una buena oferta económica haga que un candidato se arriesgue a cambiar de puesto”, explica Roberto Carlos Hernández, director de zona de Randstad.
No obstante, a medida que aumentan las cifras del paro, los expertos de Randstad han constatado un cambio en esta tendencia: “Los candidatos se están dando cuenta de que no sólo es importante acceder a un buen salario, sino a un puesto de trabajo que les ofrezca una estabilidad laboral”, comenta Roberto Carlos Hernández.
Randstad ha realizado esta encuesta a través de su página web (www.randstad.es) y en ella han participado un total de 1.011 personas de toda la geografía española.
MARTA SOUTO CALIFICA A CREACIÓN DA LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS FEMININA COMO “UN FITO NA HISTORIA DO REMO TRADICIONAL DESTE PAÍS”
Vigo - Galicia
•A directora xeral para o Deporte agradeceu o traballo dos clubs que aprobaron por unanimidade a creación do torneo feminino.
A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, presentou hoxe a Liga Galega de Traiñeiras Feminina, que comezará este ano a súa andaina grazas ao apoio unánime da asemblea da Liga Noroeste, organizadora da Liga Galega de Traiñeiras. “É un fito na historia do remo tradicional deste país e un paso máis no afianzamento da igualdade do deporte, grazas aos clubs que estades traballando día a día para acadar a igualdade no remo”.Aínda non está confeccionado o calendario da Liga (nin masculino nin feminino), pero en principio o que está previsto é que ambas competicións teñan lugar de forma simultánea (aínda que as mulleres non farán tantas probas) e que a proba feminina se realice en primeiro lugar sobre o mesmo campo de regatas. Outra das novidades do regulamento aprobado é que os equipos poden estar formados por máis dun club, é dicir, que se poden xuntar varias entidades e formar un equipo, no caso de que non teñan as remeiras suficientes para facer unha tripulación nunha soa entidade.
TALLER INFANTIL DE CARNAVAL EN EL CORTE INGLES
Vigo - Galicia
MAÑANA VIERNES
TALLER INFANTIL DE CARNAVAL
EN EL CORTE INGLÉS DE VIGO
Mañana viernes, 20 de Febrero, El Corte Inglés de Vigo organiza el Taller Infantil de Carnaval, en el que los participantes podrán realizar caretas, antifaces,... y complementos para que sus disfraces sean los más originales.
El taller tendrá lugar a las 17.30 horas en la planta 4ª.
miércoles, 18 de febrero de 2009
EL GESTIBERICA SE PREPARA PARA UN PARTIDO DE ALTURA
Vigo - Galicia
El 4 de Octubre de 2.008 el Ciudad de Vigo Básquet se encontraba situado en la última plaza de la Adecco LEB PLATA, tras caer derrotado en los tres primeros partidos de competición. Si se le hubiese consultado a cualquier aficionado acerca de los objetivos para la temporada, seguramente habría contestado sin dudar que el principal objetivo era la permanencia.
Han pasado diecisiete jornadas desde entonces. El equipo se planteó trabajar partido a partido, sin pensar en un horizonte mayor que el siguiente rival, para alcanzar el gran objetivo de la competición, que no era otro que alcanzar la citada permanencia. La brillantez de esta filosofía se manifestó en una racha de ocho partidos consecutivos ganando, aspirando inesperadamente a colarse en la Final de la Copa, que finalmente no se produjo.
Mediada la temporada y con el objetivo inicial holgadamente conseguido, la filosofía sigue siendo la misma, aunque con un punto de vista final diferente. Trabajar partido a partido, puliendo aquellos defectos que nos hacen peores y perfeccionando las virtudes que nos permiten mejorar.
En Palencia, son conscientes de la importancia del partido. El diario palentino habla de él como “uno de los duelos más importantes de la temporada”.
http://www.diariopalentino.es/noticia.cfm/Deportes/20090218/uno/partidos/a%C3%B1o/843FB7D8-1A64-968D-59C9B782B2E138B5
Suscribirse a:
Entradas (Atom)