Vigo
FEDERACIÓN DE PROFESIONAIS E AUTÓNOMOS DE GALICIA ( OAP GALICIA)
A- NÚMERO DE PARTICIPANTES:
QUINCE INMIGRANTES EN SITUACIÓN DE DESEMPLEO
B- LOCALIDADES E DATAS DE REALIZACIÓN:
As accións de formación, no seu contido teórico desenvolveranse nos centros de formación que o Grupo Academia Postal dispón en Vigo, RÚA LÓPEZ MORA 10, BAIXO, VIGO.
A data prevista de inicio sería a de 1 de setembro de 2009, cunha duración de dous meses que abrangaría dende a selección ata a inserción laboral con data prevista do 31 de outubro de 2009 dos inmigrantes.
INICIO
FINALIZACIÓN
Auxiliar de Hosteleria
Selección e Asesoramento 01/09/2009 - 20/09/2009
Formación 21/09/2009 -19/10/2009
Prácticas 20/10/2009 - 31/10/2009
Inserción 31/10/2009
PROGRAMA FORMATIVO E MÓDULOS
A área do desenvolvemento global do proxecto (acción formativa de Auxiliar de Hostalería) ten de implicar áreas específicas concretas recollidas en tres fases:
SELECCIÓN, APOIO E ASESORAMENTO (40 horas)
FORMACIÓN TEÓRICA E PRÁCTICA (200 horas)
Despois de xestionar actividades derivadas da selección levarase a cabo a segunda fase na que se impartirán accións formativas baseadas en contidos que permitan a adquisición daqueles coñecementos específicos dirixido ao sector da hostalería, impartirase a acción formativa de Auxiliar de Hostalería de 140 horas; coordinado e supervisado, en todo momento polo equipo de traballo. Esta acción formativa terá duas partes: unha presencial ( formación en novas tecnoloxías, formación en auxiliar de hostelería e xestión do cliente e o curso de manipulador de alimentos con 100 horas) e outra on-line ( formación en atención ó cliente e xestión de queixas con 40 horas). Facilitase deste modo tamén o acceso dos alumnos as novas tecnoloxías.
As accións formativas completaranse cun período de prácticas de 60 horas en diferentes empresas colaboradoras para poder aplicarse os coñecementos aprendidos baixo unhas condicións marcadas de antemán con ditas empresas seleccionadas a través de ferramentas deseñadas polo equipo de traballo establecendo mediante un acordo de colaboración as condicións da súa participación no proxecto así como a posibilidade dunha futura inserción laboral dos usuarios. A duración das prácticas será de 12 días, 5 horas diarias.
D- SELECCIÓN PARTICIPANTES
MIÉRCOLES 16 DE SEPTEMBRO ÁS 18:00 HORAS NA RÚA LÓPEZ MORA 10, BAIXO 36211 VIGO
E- FORMACIÓN ESPECÍFICA
21/09/09 – 19/10/09
HORARIO: 9:00 – 14:00

























