Pontevedra
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, inaugurou hoxe o Concurso-exposición Internacional da Camelia, no que están inscritos un total de 56 expositores (43 deles a concurso e 13 fóra do mesmo). Este evento, que alcanza este ano a cuadraxésimo sexta edición, desenvólvese dende o 26 de febreiro ata o domingo día 28 no Sexto Edificio del Museo de Pontevedra.
A súa maxestade, a raíña dona Sofía ocupa a presidencia de honor del comité do certame.
Louzán destacou que a camelia “constitúe hoxe un signo de identidade das Rías Baixas que coidamos e potenciamos, fomentando a súa presenza nos xardíns e entornos naturais más importantes da nosa xeografía”. O titular da Deputación recordou que estes exemplares pódense atopar en lugares emblemáticos como o Pazo de Oca (en A Estrada); a Casa do Cuadrante (Vilanova); o Pazo de Rubiáns (Vilagarcía); o Pazo da Saleta (Meis); o de Lourizán (Pontevedra), o de Gandarón, a Estación Fitopatolóxica de Areeiro; o Castelo de Soutomaior ou o Pazo Quiñones de León, entre outros.
Do mesmo xeito, Louzán avanzou na súa intervención que Deputación provincial de Pontevedra está organizando, a través da Estación do Areeiro e en colaboración con Turismo Rías Baixas o Congreso Internacional de Camelia del 2014, “o foro de ámbito internacional máis importante para exposición e discusión de traballos sobre os distintos aspectos que nos ofrece a camelia, tanto turísticos, como artísticos, botánicos e económicos, tanto da planta como dos produtos obtidos a partir da mesma”.
Os premios
Polo que refire ós premios do concurso, concederase o premio “Premio Camelia de Ouro” para o concursante que presenta o conxunto de variedades máis destacado en referencia ó número e á calidade das flores.
O “Premio especial Antonio Odriozola” outorgaráselle á flor individual máis destacada das que opten a este premio e que se exporán nunha mesa separada. Pola súa banda, o “Premio especial da Sociedade Española da Camelia” ó concursante máis destacado entre os que participen por primiera vez no certamende Pontevedra.
A Deputación tamén concederá un primeiro, segundo e terceiro premio ós mellores lotes das modalidades Camellia reticulata e Híbridos de Camellia; e un primeiro, segundo e terceiro premio ás mellores modalidades de Camellia xapónica blanca, Camellia xapónica rosada, Camellia xaponica vermella, Camellia xapónica xaspeada e outras especies de Camellia. Para rematar, concederase un primeiro, e segundo premios á mellor presentación artística.
Exposición pictórica
Dentro da programación do Concurso-Exposición Internacional da Camelia estase a celebrar unha mostra pictórica baixo o título "Visións da camelia". Esta permanecerá aberta ó público ata o 28 de febreiro no novo edificio do Museo.
Participan na mesma once artistas ( Xurxo Alonso, Xaquín Chaves, Raul Velloso, José Conde Corbal, Alfonso Costa Beiro, Jose Luiz Oubiña, Marcela Santorum Cardone, Antón Sobral, Amelia V. Palacios, Alejandro Vázquez Palacios, Francisco Pazos Martínez).
Ludoteca para nenos
Os actos de la Camelia compleméntanse cunha ludoteca e talleres de pintura para nenos. A apertura tivo lugar onte de 17 a 19 horas; e os días 27 e 28 permanecerá aberto de 9.00 a 21 horas (pecha a medio día). Tamén se celebrou un curso sobre Bonsais ó que asistiron medio centenar de persoas.