Gondomar
Nava Castro participa na inauguración do IV Mercado de Artesanía de Gondomar
A Consellería de Economía e Industria realiza un investimento de 27.000 euros neste mercado no que participan arredor de 40 artesáns, co obxectivo de apoiar a comercialización da artesanía galega e mais de impulsar a dinamización socioeconómica da zona
Na feira de venda directa, que se poderá visitar no Parque da Coelleira entre o 4 e o 6 de setembro, participan artesáns profesionais especializados nos eidos da cerámica, o coiro, o téxtil, a cestería, o vidro, a xoiería, a pedra, os xoguetes ou os instrumentos musicais
A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, participou esta mañá no acto de inauguración do IV Mercado de Artesanía “Gondomar á man”, que se celebra no Parque da Coelleira os días 4, 5 e 6 de, unha mostra na que a Consellería de Economía e Industria realiza un investimento de 27.000 euros, que supoñen o 60% d orzamento total da feira, ca finalidade de apoiar a comercialización do produto artesanal galego e mais de impulsar a dinamización socioeconómica da zona. Na inauguración participaron tamén o alcalde de Gondomar, Martín Vicente Urgal Alonso, a corporación municipal, o presidente da Asociación Galega de Artesáns Tradicionais, Albino Quinteiro Mora, e mais o presidente da Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Gondomar (Achego), Manuel Piñón Copena, esta última, entidade impulsora da feira.Nava Castro destacou durante o acto que o traballo conxunto de comerciantes e artesáns é unha das claves para contribuír ao desenvolvemento destes dous sectores na zona, así como á consolidación dunha marca comercial de referencia nos mercados. “A unión de esforzos entre comercio e artesanía é fundamental para contribuír á divulgación de Artesanía de Galicia como un identificador da procedencia e da calidade do produto artesanal galego, así como unha marca de referencia de cara aos consumidores de calquera mercado”, explicou. A directora xeral de Comercio engadiu que as feiras de venda directa como é o caso de Gondomar á man, funcionan como un punto de encontro entre os produtores e os destinatarios das súas pezas, de xeito que a sociedade entra en contacto directo cos oficios artesanais.Asemade, a directora xeral de Comercio destacou a importancia da artesanía como unha interesante alternativa ao mercado laboral, “que conta co valor engadido da creatividade, do traballo manual, do deseño e dunha tradición artesanal que se reflicte no produto final: pezas únicas e especiais que destacan en calquera mercado”.A feira acolle a 38 artesáns especializados en diferentes eidos como a cerámica, o coiro, o téxtil, a cestería, o vidro, a xoiería, os xoguetes ou os instrumentos musicais. Os artesáns que participan no IV Mercado de Artesanía “Gondomar á man” son: Cerámica Belén Soto, Mari (coiro e pel), Trip (marroquinería), Areas y Cerámica (esmaltes), Cristina Alonso (Tecidos e tapices), Juan Ruiz (decoración de teas), Iago Riera (pintura), Lola y Sole (manualidades), Cestería Paco (cestería de médula), Proxectos 1+1 (cerámica), Ferreira (cerámica cretiva), Vidreiras O Lugar, D Charo (bordados), Zimzelatum (xoiería), F. Mourón Buño (olería), Mercado Solidario (cerámica, coiro e madeira), Alfarería de Pereruela, Viviana Araujo (Flores e complementos), Marcos Escudero (pedra), Artesanía Pachamama (pratería), Nuvensesons (téxtil pintado á man), Xoguetes Álvaro, ONG Inti Artesanía Peruana, Rosa Martínez (xoiería), Artesana (bixutería), Barrosiña (bordados), Arco – Iris (vidro e xoiería), Mestura de Cores (coiro), MIpalanave (artesanía con material reciclado), Carrie... (camisetas), Duendes del Sol (artesanía con material reciclado), Instrumentos Musicales, María Masso (camisetas e cadros con algas secas) Sandra Suárez (manualidades) e Arte Manual (tellas).