Vigo
O titular do Goberno de Galicia presidiu a sinatura dun convenio entre a Xunta e a Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga) para a promoción da lingua galega no sector
Lembra que “o idioma galego é un dos grandes distintivos de Galicia”, comparable “á ría de Vigo, á Catedral de Santiago ou á Costa da Morte”, en definitiva “un dos principais constitutivos da identidade de Galicia”
Marca como obxectivo lingüístico do Goberno galego conseguir que “as xeracións que están hoxe a estudar en Educación infantil, Primaria e Secundaria sexan as primeiras xeracións plurilingües da historia de Galicia”
Asegura que
“son cada vez máis numerosas as empresas actuantes en Galicia que queren sumarse ao empeño colectivo de recuperar e dignificar a lingua galega”Xustifica que “o galego precisa de apoios e de esforzos dos que, afortunadamente non precisa o castelán”
Promete non baixar a garda e seguir traballando cos axentes sociais para “plantarlle cara á crise” con todos os medios e coa forza da “unidade, o consenso, a capacidade de negociación o acordo e a vontade de superar esta situación”
O máximo mandatario galego precisou que este non é o primeiro convenio que a Xunta de Galicia asina con “empresas punteiras e actuantes en Galicia”, senón que aquelas que hoxe asinan este convenio únense a unha longa lista de firmas
“do máis alto nivel e recoñecemento” que están “decididas a impulsar e promover o galego no mundo empresarial”. Educando ás primeiras xeracións plurilingües da historia de Galicia
O máximo responsable do Goberno autonómico indicou que o “obxectivo lingüístico do Goberno galego é “conseguir que as xeracións que están hoxe a estudar Educación Infantil, Primaria e Secundaria sexan as primeiras xeracións plurilingües da historia de Galicia”, e que “saiban desenvolverse perfectamente en castelán, galego, en inglés e noutros idiomas estranxeiros”. Un obxectivo, que pola súa importancia no futuro nos seguirá esixindo “formación, profesionalidade, coñecemento e competitividade”, destacou Touriño, quen asegurou que grazas á “educación bilingüe en galego e castelán” estas xeracións “van ver favorecida a súa aprendizaxe doutras linguas, como o portugués, o francés e o italiano”.
Por este motivo, Pérez Touriño situou o verdadeiro debate, no plurilingüismo e non “nunha suposta batalla entre galego e castelán que a convivencia cidadá desminte diariamente”. Así o presidente da Xunta confesou sentirse orgullo das políticas públicas postas en marcha “para que os fillos dos traballadores poidan viaxar ao estranxeiro no verán para aprender inglés ou francés”, anteriormente só permitidas ás familias de rendas máis altas “Non baixar a garda” ante a situación de crise
O titular da Xunta de Galicia non esqueceu enviar unha “mensaxe de confianza no futuro”, pois este preocupa a todos nun escenario de dificultades marcado pola crise internacional, indicando que “non imos baixar a garda e imos seguir traballando cos axentes sociais, cos empresarios e sindicatos.
A este respecto, informou de que en Galicia, como no Estado, se están a tomar medidas para “combater o desemprego” e por iso, a súa evolución segue a ter “un mellor comportamento”, como xa o tivo durante os tres últimos anos, nos que a comunidade “liderou a creación de emprego en España”, en parte, grazas ao “excelente comportamento” de sectores como o naval, apostilou.
Touriño engadiu que o Goberno que preside “non vai efectuar ningún recorte nas súas políticas sociais e mesmo vai incrementar os recursos públicos destinados a políticas activas de dinamización do emprego”, como pon de manifesto o proxecto de Orzamentos 2009.
Touriño indicou que Galicia sairá da crise
“máis fortalecida”, porque a comunidade está “cambiando para mellor, converténdose nun lugar atractivo para o investimento, nunha economía máis competitiva, con moitas grandes obras en marcha, capaz de xerar emprego e de converxer coa España máis desenvolvida e con Europa”.